|
escrito por Colaboración
|
|
sábado, 12 de agosto de 2006 |
Unha patrulla da Garda Civil de Boiro atopou no monte plantas de marihuana cando patrullaba en traballos de prevención de incendios forestais. Fontes da Garda Civil informaron de que os axentes patrullaban polo monte da parroquia de Bealo, cando acharon cinco plantas de cannabis sativa de aproximadamente un metro de alto. Os axentes deron conta do achado das plantas, que foron destruídas. Na operación non houbo detencións. Os axentes deron conta do achado das plantas, que foron destruídas. Na operación non houbo detencións. 
A marihuana e o hachís, según se menciona nalgúns estudos, produce alteracións na psique, especialmente a falta de interese e a desmotivación sobre todo en adolescentes, así como algúns trastornos psicóticos. Desde un punto de vista físico menciónanse os problemas de arritmia e o principio de insuficiencias coronarias. Estes estudos aconsellan a non utilización desta herba, ata con fins terapéuticos, en enfermos de esquizofrenia e en persoas con problemas cardíacos. Consumida en exceso, conleva tamén unha serie de efectos negativos: perdida da memoria, ansiedade , perdida do control, sequedade da boca , taquicardia e hipertensión.  Outras consecuencias negativas a parte das mencionadas para o organismo humano como serían a debilidade de uñas e pelo, perdida por caries xeneralizada dos dentes. Intentase demostrar que o uso destas drogas supón unha ponte cara á utilización doutras drogas duras. |
|
Modificado el ( domingo, 13 de agosto de 2006 )
|