Menú principal
Inicio
Listado
Enlaces
Mapas
Firmas
Contactar
Buscar
Novas externas
Foro
Formulario de acceso





¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí
Sindicación
Últimas novas
Destacamos
Crise no goberno municipal Imprimir E-Mail
escrito por Colaboración   
jueves, 14 de septiembre de 2006
A recualificación de terreos rompe o goberno tripartito de Boiro
O goberno tripartito de Boiro reduciuse onte a bipartito despois de que o alcalde, Xosé Deira (do BNG), decidise expulsar do executivo ao independente Manuel Velo , co que o órgano queda en minoría para o que falta de mandato. A decisión do rexedor baseouse na oposición que o ex socio mantiña coa maior parte das últimas accións do goberno, pero especialmente dous: sendas recualificacións de terreos para establecer dúas grandes superficies no municipio. Velo , cuns trinta anos de antigüidade na política local boirense á que accedeu no PSOE, ata que foi suspendido da militancia, expresou publicamente o seu rexeitamento ás dúas operacións urbanísticas deixando entrever a existencia de «pelotazos».
O goberno local queda reducido a oito concelleiros, cinco do BNG e tres do PSOE, mentres que a oposición estará liderada polo PP, con oito actas.
Modificado el ( viernes, 15 de septiembre de 2006 )
 
< Anterior   Siguiente >
Advertisement