Menú principal
Inicio
Listado
Enlaces
Mapas
Firmas
Contactar
Buscar
Novas externas
Foro
Formulario de acceso





¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí
Sindicación
Últimas novas
Destacamos
Velo fala na Voz de Galicia Imprimir E-Mail
escrito por Colaboración   
viernes, 15 de septiembre de 2006
Un día despois da súa destitución como membro do executivo de Boiro, Manuel Velo aseguraba onte sentirse «liberado». Argumentaba que por fin se atopa no bando que a el máis lle gusta: «Non teño que ser cómplice das aberracións do Goberno e iso súbeme o ánimo». Comentaba que non se arrepinte de ter formado parte do Executivo, pero recoñece que, se puidera retroceder no tempo, non tería actuado do mesmo xeito.
-Volvería a apoiar a Deira para que fora alcalde, pero manteríame á marxe do Goberno. Nestes anos tiven a oportunidade de coñecer a fondo ás persoas ás que elevei ao cargo que hoxe ocupan (en referencia a Xosé Deira e a Juan Jesús Ares).
-¿Arrepíntese entón de ter formado parte do Executivo?
-Non exactamente, máis ben estou descontento coa xestión. Eu estívenme queimando igual que os líderes dos outros grupos, pero as miñas propostas non saíron adiante.
-¿Que proxectos tiña?
-Por exemplo, lograr o apoio de Arousa Norte para conseguir que a serra de Barbanza fora declarada parque natural. Expúxeno cando Deira era presidente da mancomunidade e nin sequera quixo sometelo a debate. El foi o que torpedeou os meus proxectos, e algúns deles nin sequera supoñían investimento algún.
-¿Por que cre que non se tiveron en conta as súas achegas?
-Nun principio xestionabamos entre todos os proxectos máis importantes, como o centro social de Cabo de Cruz, a apertura da gardería ou a ampliación do polígono industrial. Entón todo marchaba ben. Despois Deira empeñouse en absorbelo todo e aí comezaron os problemas, xa que meteu todo no caixón.
-¿Vai abandonar o seu despacho na casa consistorial?
-Non. Os grupos políticos temos dereito a un local nas instalacións municipais e eu quero ocupar o meu porque, dende a oposición, vou seguir traballando na defensa dos intereses dos cidadáns.
-¿Ten xa decidido se vai concorrer ás vindeiras eleccións locais?
-De momento aínda non o sei, concorrerei ás eleccións se os cidadáns me apoian. Gústame a política local, pero para continuar nela teño que comprobar que os cidadáns comprenderon o meu posicionamento co convenio de Eroski.
-Entón, ¿vai dedicar os vindeiros meses a pulsar a opinión da sociedade?
-Si, de feito xa estou analizando agora a situación para saber que opinan os veciños do meu comportamento. O que está claro é que eu optei por correr un risco, xa me quedei sen salario, para cumprir coa miña obriga de defender os intereses dos cidadáns.
-¿Tivo contactos con algún partido político para que o apoie nos vindeiros comicios?
-Non, houbo agrupacións que tiveron contactos comigo. Tanto o Partido Galeguista como Terra Galega me expuxeron formar unha lista, polo que, se finalmente decido presentarme, non vou ter problemas.
-¿E houbo contactos para que non concorra ás eleccións?
-Si. O PSOE tivo conversas comigo para que non presente unha candidatura, pero eu pedinlle encabezar a súa. Penso que Ares non vai ser capaz de facer o cambio estrutural que fai falla en Boiro.
-¿Pensa que pode volver a ser a chave do vindeiro goberno de Boiro?
-Por suposto, non me cabe dúbida algunha. O BNG e o PSOE están obcecados e non o queren ver, pero a realidade é a que é.
Manuel Velo
Modificado el ( viernes, 15 de septiembre de 2006 )
 
< Anterior   Siguiente >
Advertisement