|
A operación Goiáns reportaríalle ao Concello de Boiro 16,5 millóns de euros Segundo a taxación dunha firma externa sobre o convenio, o beneficio para Eroski é de 12,8 millóns (algo mais de 2.000 millóns de pesetas) A empresa Taxa Galicia, contratada polo goberno de Boiro para cantificar as contraprestacions do Concello e de Eroski no convenio sobre a leira de Goiáns, taxou en 16,5 millóns de euros o beneficio da operación para as arcas municipais, fronte aos 12,8 millóns de euros que sairá gañando a cadea vasca.
O convenio, que está xa a exposición pública, contempla a permuta da leira e o pazo de Goiáns, que pasarán a ser patrimonio municipal, por unha parcela na zona da Pedreira, que será recalificada. Segundo a taxación, a leira e o pazo teñen un valor de 9.306.143 euros(A leira e o pazo, foron mercados fai pouco tempo por Eroski en 3.000.000 de euros, polo que a empresa vasca xa gañou algo mais de 6.300.000 euros en plusvalias en apenas 5 anos) , ao que cabo sumar os 600.000 euros en obras de urbanización que asumirá Eroski na Pedreira e os 6.628.060 euros nos que se valora a recalificación da leira de 33.000 metros que o Concello ten nesa zona e que se beneficiará da recalificación. Pola súa banda, Eroski consegue na Pedreira 54.726 metros cadrados de edificabilidad, valorados en 12.824.005 euros, dos que terá que ceder ao Concello de Boiro o 10%. |