Menú principal
Inicio
Listado
Enlaces
Mapas
Firmas
Contactar
Buscar
Novas externas
Foro
Formulario de acceso





¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí
Sindicación
Últimas novas
Destacamos
Negras sombras do pasado Imprimir E-Mail
escrito por Colaboradores   
jueves, 19 de octubre de 2006
O PARTIDO Popular de Boiro designou como candidato á alcaldía a Luís Branco Vila. Aínda que xa había rumores que apuntaban neste sentido, a noticia non deixa de ter impacto. Que unha persoa da talla intelectual e profesional de Branco Vila irrompa, na mellor etapa da súa vida, no escenario político de Boiro, aporta un valor engadido ao xa interesante escenario que se debuxaba para as próximas eleccións municipais.

A clave interna desta nominación corre por conta dos dirixentes do PP. Ao parecer as bases opinaron moi pouco. Desde fóra, ocórrelleme que ante a posibilidade de que a esquerda non sexa capaz de reter o voto xerado polo cambio de poder na Xunta, o Partido Popular viu unha ocasión para recuperar a alcaldía e arremete con artillería de luxo, utilizando un paracaidista de élite.

O bo resultado do BNG con Xosé Deira, un home sosegado, culto e dialogante, parece animar ao PP a apostar na mesma liña, pero con máis currículo. Para o PP é un cambio de perfil moi acusado, pasa de vez do empresariado á intelectualidad, dos números ás letras. O motivo de optar por un mestre da comunicación non é outro que a necesidade de relaxar a presunta crispación da vida política local.

Ademais é coma se o PP empezase a ter complexo da superioridade intelectual da esquerda, sobre todo a nacionalista. Por iso é o propio Fraga, o gran timonel, o que bendí a candidatura. Porque hai que recoñecer que aínda que o acougo e o diálogo non se atopen entre as súas virtudes, Fraga tamén é un home culto. Ao despedirse da Xunta, dixo que unha das cousas que máis ía botar de menos eran os debates parlamentarios con Beiras, o único que estaba á súa altura.

Da mesma forma, pero á inversa, Deira necesitaba a súa Fraga para non aburrirse e o PP de Boiro sérvello en bandexa. Do mesmo xeito que Fraga no seu momento, tamén regresa desde a Vila e Corte este boirense ilustre, como un paracaidista. Cabo supoñer que a retórica e a dialéctica da próxima campaña van aumentar sustancialmente. Ademais, sexa cal for o vencedor, teremos asegurados uns debates nos plenos moito máis ilustrados. Falta por saber se toda esta ilustración gerontocrática vaise a traducir tamén na xestión dos asuntos públicos, non só no talante, tamén na eficacia á hora de resolver os problemas dos cidadáns. Non sexa que tanta ilustración, ademais de ineficaz, abúrranos.

 
< Anterior   Siguiente >
Advertisement