|
O Concello debe pagar dous millóns |
|
|
|
escrito por Colaboracion
|
|
sábado, 21 de octubre de 2006 |
O rexidor boirense, Xosé Deira, e o primeiro tenente de alcalde, Juan Jesús Ares, deron a coñecer onte o contido de dúas sentenzas recibidas durante os últimos meses, que obrigan ás arcas municipais a facer fronte a pagos por importe de dous millóns de euros. A metade desta cuantía debe ser abonada polo Concello á empresa Necso, pola construción da casa consistorial; e a outra metade, aos propietarios dos terreos que foron expropiados para abrir a avenida de Avellaneda e que recorreron o xustiprezo.
No primeiro dos casos, o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dictou unha sentenza o pasado mes de xullo, segundo a cal, o Concello debe pagar a Necso o modificado realizado no proxecto inicial do edificio consistorial, presupostado en 830.000 euros. Tamén ten que abonarlle as contías esixidas en concepto do aluguer da carpa na que se situou temporalmente a praza de abastos.
O tribunal exime ao Concello boirense de facer fronte ao diñeiro que Necso reclamaba en concepto de intereses pola tardanza en abonarlle os traballos, que concluíron fai uns catro anos. A sala non estimou a solicitude formulada polo Concello, que esixía á empresa o pago de máis dun millón de euros polo atraso que sufriu a entrega da obra.
Tanto Deira como Ares sinalaron que o executivo boirense optou por non recorrer esta sentenza ante o temor de que se vexa incrementada a cantidade a satisfacer en concepto de intereses de demora.
En canto á sentenza sobre a apertura do vial de Avellaneda, o goberno local tampouco pretende presentar recurso algún, por considerar que a indemnización imposta nunca se vería reducida. É máis, Deira e Ares temen que o millón de euros que agora ten que abonar o Concello véxase duplicado.
Explicaron que, cando se abriu a rúa, o anterior executivo boirense chegou a un acordo os donos dalgunhas leiras para alugarlle os terreos afectados, pero houbo 17 persoas que presentaron un recurso. Os responsables locais decidiron entón asinar un convenio, segundo o cal, o Concello comprometíase a indemnizar a todos os propietarios por igual se o tribunal fallaba a favor dos recurrentes. Agora estúdase a legalidad deste acordo. |
|
Modificado el ( martes, 15 de mayo de 2007 )
|