Menú principal
Inicio
Listado
Enlaces
Mapas
Firmas
Contactar
Buscar
Novas externas
Foro
Formulario de acceso





¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí
Sindicación
Últimas novas
Destacamos
Eliximos aos políticos para que nos defendan e agora temos que defendernos de eles Imprimir E-Mail
escrito por Colaboración   
jueves, 23 de noviembre de 2006

Otilia Ojea en folga de fame no concello boirense"Non son unha heroína. Eliximos aos políticos para que nos defendan e agora temos que defendernos de eles".

Estas son as palabras de Otilia Ojea, unha boirense que leva anos loitando xunto cun numeroso grupo de veciños da rúa Dr. Santos Mieites para que se respeten os seus dereitos e non se lesionen os seus intereses nin os dos demais veciños.

Otilia Ojea, comezou o dia 21 de Novembro de 2.006 unha folga de fame encerrada no concello de Boiro, a pesares de estar bastante delicada de saude, polo que na vila hai unha gran preocupación.

Afirma que defende os seus dereitos por medios pacíficos e nin o seu marido, preocupado pola súa saúde, nin as forzasda orde conseguiron que abandone o edificio público,

Nada máis ter coñecemento de que o executivo boirense ultimaba os pasos para completar a peonalización de varias rúas, Otilia Ojea colleu a súa pancarta -"Non queremos rúa peonal. Déixennos vivir"- e catro pertenenzas máis decidida a encerrarse no Concello ata conseguir que se paralice o proceso.

A decisión causou gran angustia no seu marido, que non dubidou en avisar a un médico, porque Otilia Ojea está delicada de saúde, e ademais a un avogado, para ver que pode facerse.

Pese a non atoparse no seu mellor momento de forma física, a muller está tranquila e disposta a "pelexar por medios pacíficos" por defender os seus dereitos.

Onte, desde o seu encerro na casa consistorial, na que permanece soa desde as catro da tarde, afirmou con voz serena que tiña moi meditada a súa decisión, aínda que a mantivo en segredo. O seu fillo levoulle unha manta e ela forneceuse de auga nas máquinas expendedoras que hai no edificio. A posibilidade de quedarse sen cea a traía sen coidado. Nin o seu marido, que o intentou telefónicamente, nin as forzas da orde nin o alcalde conseguiron facerlle cambiar de opinión. Ela está decidida a permanecer encerrada o tempo que faga falta.

Otilia Ojea, que rexenta co seu marido unha administración de loterías en Boiro, oponse á peonalización de rúas porque considera que é unha medida perxjudicial para o pequeno comercio: "Son a nosa ruína porque a xente non debe ser privada do dereito a desprazarse en coche.", di.

Desde fai catro anos non deixou de aparecer en actos públicos vestindo unha camiseta na que pode lerse o seu rexeitamento á peonalización e, dende fai uns meses, fai acto de presenza na entrada das oficinas da Xunta en Santiago, sin que a prensa nin os políticos se dignen atendela. Polo momento xa conseguiu unha cita cun representante de Presidencia para o vindeiro luns.

Tamén logrou traer de cabeza ao Executivo, que onte descoñecía como afrontar a situación. Nin a subdelegada do Goberno nin o responsable provincial da Garda Civil deron coa solución, e ao final a muller quedouse na casa consistorial.

A boirense, presidenta da Plataforma en Defensa da Rúa Santos Mieites, di que non pode pedir un sacrificio como este a o resto dos seus compañeiros de batallas: "Non son unha heroína. Eliximos aos políticos para que nos defendan e agora temos que defendernos de eles".

 

Modificado el ( viernes, 15 de diciembre de 2006 )
 
< Anterior   Siguiente >
Advertisement