Menú principal
Inicio
Listado
Enlaces
Mapas
Firmas
Contactar
Buscar
Novas externas
Foro
Formulario de acceso





¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí
Sindicación
Últimas novas
Destacamos
O alcalde de Boiro contrata a unha empresa para que audite os ruídos de Dogma Imprimir E-Mail
escrito por Administrator   
Friday, 15 de December de 2006

A discoteca xa estivo pechada un mes por abrir sen licenza e foi multada cinco veces por un total de 8.000 €.
O dono pon en dúbida as medicións policiais e alega que a contaminación acústica é allea ao local.
O alcalde de Boiro, Xosé Deira, contratou a unha empresa homologada para que inspeccione a emisión de ruídos da discoteca Dogma, sita na rúa Pablo Iglesias. Do resultado desa medición dependerá se o rexidor ratifica ou non a orde de pechadura do local que dictou o pasado día 14 de novembro tras incoar tres expedientes sancionadores por senllas infraccions graves.

Esta semana, o dono do local, Jesús Corral, asegurou que "estou perfectamente localizable", que descoñecía a orde provisional de pechadura que anunciou o Concello e que os ruídos que se imputan á súa discoteca "son da rúa".
Con todo, este diario puido constatar que Corral non só coñecía o ultimátum do alcalde (segundo o goberno, negouse a asinar a notificación), senón que ata presentou alegacions o 23 de novembro. No expediente de Dogma constan como "antecedentes" unha multa de 1.600 € e pechadura do local un mes por inicio de actividade sen licenza; unha multa de 4.000 € e outras tres de 800 €, cada unha por ruídos.
Ademais, están en trámite outros catro expedientes por infraccions. Pero o actual ten a súa orixe no decreto do alcalde do 2 de marzo pasado no que daba ao dono do local un mes para corrixir medidas "sen que conste a día de hoxe (14 de novembro) que lle dese cumprimento".
Jesús Corral alegou o pasado día 24 negando que a contaminación acústica denunciada sexa responsabilidade da discoteca e propoñendo outra medición por unha empresa homologada, ao cal accedeu o alcalde. Ademais, presentou un certificado de illamento acústico feito por esa firma en 2005 e outro que acredita que non se fixeron modificacións no local.

Modificado el ( Monday, 14 de May de 2007 )
 
< Anterior   Siguiente >
Advertisement