Menú principal
Inicio
Listado
Enlaces
Mapas
Firmas
Contactar
Buscar
Novas externas
Foro
Formulario de acceso





¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí
Sindicación
Últimas novas
Destacamos
Deira asina o xoves o convenio con Eroski Imprimir E-Mail
escrito por Pablo Llano   
Saturday, 12 de May de 2007

O alcalde de Boiro, Xosé Deira, xa puxo data á firma do convenio coa cadea vasca Eroski, que permitirá incorporar o pazo de Goiáns ao patrimonio público en base a unha permuta.

Será no propio pazo o vindeiro xoves 17, coincidindo co Día dás Letras Galegas, pois María Mariño viviu alí. Deira asinará o documento co representante de Eroski en Galicia, Álvaro Pedrosa. Desde ese momento, o Concello estará en condicións de poder usar o pazo, aínda que a titularidade municipal non será efectiva ata que conclúa o longo proceso administrativo que se inicia agora.

Logo remitirase á Dirección Xeral de Urbanismo e, se lle dá o visto bo, farase unha modificación puntual do PXOM para recalificar o terreo rústico da Pedreira ao que Eroski trasladará o seu proxecto para convertelo en urbanizable.

O alcalde presentoulle onte ao vicepresidente da Xunta, Anxo Quintana, o seu proxecto para o pazo e a leira de 121.000 metros. A resposta de Quintana foi "contade ca Xunta".

Deira pretende facer alí unha residencia para a terceira idade, unha escola de oficios para cantería, xardiñería e restauración, un gran recinto feiral comarcal e unha biblioteca dedicada aos escritores do Barbanza. Os xardíns serán tamén públicos.

Pola súa banda, o edil do PP que rompeu a disciplina de voto para apoiar o convenio xunto a BNG e PSOE, Jesús Saavedra, dixo a este diario que o fixo "en defensa dos intereses da parroquia" e "porque o PP tiña un compromiso con Eroski e non o cumpriu, de modo que o fixen eu". Asegura que a súa decisión foi "moi meditada" e tomada con todas as consecuencias e que non se sente un traidor. "Nese caso traizooume o PP a min", dixo.

O portavoz e secretario xeral do PP local, Juan José Dieste, dixo que "o goberno conseguiu sementar a sospeita sobre Boiro e demostrou que o que hai tras este convenio son intereses económicos. Só así se entende que o levasen ao último pleno da lexislatura, con présa, quizá porque se perden as eleccións tamén perden algo máis".

Dieste engadiu que "o goberno chegou ao límite despreciable de comprar o voto dun edil da oposición" e que "non só Eroski sae beneficiado con este pelotazo". Ademais, solicitou á executiva do PP a apertura dun expediente para expulsar a Saavedra do partido "porque ensució o bo nome do PP de Boiro".

O portavoz de ICB, Manuel Veo, dixo do convenio que "é un escándalo nacional" e anunciou que presentará un contencioso. Alega que non se contestaron as alegaciones, que non existen informes sectoriales e que o convenio aprobouse sen estar asinado. Jesús Ares (PSOE) felicitou ó tránsfuga Saavedra "pola sua valentía e coherencia" e dixo que "cumprimos un compromiso electoral".

Modificado el ( Monday, 14 de May de 2007 )
 
< Anterior   Siguiente >
Advertisement