|
O convenio de Goiáns, imparable |
|
|
|
escrito por Coleitor
|
|
lunes, 14 de mayo de 2007 |
O documento quedará "blindado" o xoves, impedindo que un novo goberno o anule salvo que mellore a oferta a Eroski. Segundo unha cláusula, só no caso de que o acordo urbanístico non fose factible legalmente retomaríase o proxecto que asinou o PP fai sete anos. A firma que o alcalde de Boiro, Xosé Deira (BNG), estampará o xoves sobre o convenio coa cadea vasca Eroski para incorporar o pazo de Goiáns ao patrimonio público en base a unha permuta de terreos, ten un fin moito máis que simbólico.
Deira blindará o acordo só dez días antes dos comicios evitando que un novo goberno puidese anularlo no futuro... salvo que mellore a oferta e conquiste a Eroski. É dicir: calquera posibilidade de anulación ou revisión quedará sometida exclusivamente á vontade da cadea vasca. O documento inclúe unha cláusula segundo a cal, no caso de que a aplicación do acordo non sexa factible nos términos expresados (por impedimentos da Xunta sobre a edificabilidad), a empresa retomaría o convenio asinado no ano 2000 co anterior goberno do PP, o que na práctica implicaría que o pazo xa non sería público e Eroski executaría no caso de lograr licencias, o seu proxecto de chalés e centro comercial na leira de Goiáns, proyexida pola lei de costas e por patrimonio A firma do documento será, como adiantou en exclusiva El Correo Gallego, o xoves ao mediodía no propio pazo e en presenza dos xornalistas e dun reducido grupo de invitados, coincidindo co Día dás Letras Galegas (dedicado a María Mariño, a quen se lle quere atribuir que viviu parte da súa infancia nese pazo, onde aprendeu a ler). O convenio figurou nos programas electorais de BNG, PSOE e ICB, pero se saldou con varias vítimas: a expulsión do exalcalde independente Velo do tripartito, a expulsión do PP do edil que apoiou o acordo co seu voto tránsfuga, a sombra da corrupción planeando sobre os partidos... e catro demandas. O alcalde, Xosé Deira, presentou unha denuncia no xulgado contra Velo, que horas antes do pleno (e do inicio da campaña electoral) convocaba aos veciños por megafonía para evitar "un escándalo urbanístico". Deira acúsalle de difamación e de facer uso da megafonía sen permiso municipal. Así mesmo, denunciou por insultos e alteración da orde pública nun acto institucional a dous veciños que no pleno do xoves insultaron gravemente a varios edís do goberno. A cuarta demanda está aínda en estudo, pero se dá por presentada se o portavoz do PP, Juan José Dieste, non fai unha rectificación pública e non pide desculpas ao goberno por acusarlle de comprar o voto dun dos seus edís, Jesús Saavedra, que apoiou o convenio contra as directrices do partido. O BNG sinalou nun comunicado que "o PP ten un problema interno e, para solucionalo, só se lle ocorre acusar aos que están limpos". Os nacionalistas critican a "actitude indecente" de Juan J. Dieste, e esíxenlle probas das súas "graves acusacións". Por outra banda, o edil de Urbanismo, Xoán León, acusou no pleno a Velo de negociar o convenio con dúas empresas ás costas dos demais membros do entón tripartito". |
|
Modificado el ( miércoles, 16 de mayo de 2007 )
|