Menú principal
Inicio
Listado
Enlaces
Mapas
Firmas
Contactar
Buscar
Novas externas
Foro
Destacamos
Dimite Ramón Hermo, presidente do CD Boiro Imprimir E-Mail
escrito por Administrator   
miércoles, 30 de mayo de 2007
Ramon Hermo, Presidente CD Boiro ata 2007

Ramón Hermo Bermúdez, tras levar o temón do Boiro durante as seis últimas tempadas, decidiu non continuar. Segundo indicou onte o vicepresidente Eugenio Triñanes, o mandatario confirmou a súa decisión no transcurso dunha reunión que tivo lugar a noite do luns, na que tamén se acordou que unha xunta xestora fixésese coas rendas da entidade mentres non apareza un candidato.

 

Triñanes tamén confirmou que dita xunta xestora estará en funcionamento ata mediados ou finais de xuño, para cando ten previsto convocar unha asemblea cun único obxectivo: elixir un novo presidente.
Dita xestora, composta polos seis directivos que quedan tras a dimisión de Ramón Hermo, e outras seis persoas novas (pais de alumnos da escola deportiva), tratará de evitar que o club sufra un baleiro de poder nun momento no que é de vital importancia asegurar cuestións como a continuidade dos xogadores para a próxima tempada.
No entanto, Triñanes recoñeceu que as decisións finais con respecto ao persoal e ao adestrador deberaas tomar o novo dirixente que salga da asemblea extraordinaria.
Onte tamén se coñeceu no ámbito futbolístico que o Iberia de San Miguel de Reinante, que acabou cuarto no grupo norte de Preferente (69 puntos), presentou ante a Federación Galega a súa renuncia formal a participar na promoción de ascenso, na que se tiña que enfrontar co Ponche Ourense, o cuarto do grupo sur.
Inicialmente especulouse coa posibilidade de que fose o Boiro o que ocupase a súa vacante. Pero o ente federativo confirmou despois que non haberá eliminatoria, e que no caso de que os catro equipos galegos de Terceira consigan o ascenso a Segunda B, será o Ponche Ourense o que subiría automaticamente
Modificado el ( miércoles, 30 de mayo de 2007 )
 
< Anterior   Siguiente >
Advertisement