Menú principal
Inicio
Listado
Enlaces
Mapas
Firmas
Contactar
Buscar
Novas externas
Foro
Destacamos
distribución das concellerías Imprimir E-Mail
escrito por Sandra Piñeiro   
Saturday, 07 de July de 2007
O día 12 celebrarase en Boiro o pleno organizativo.

Se o mutismo que dende a investidura manteñen tanto os edís do PSOE como os do BNG segue intacto nos próximos días, será nesa sesión cando, ao fin, se desvele o reparto de concellerías definitivo.

O silencio ven dado porque, segundo informan dende ambas forzas, queda pendente a adicación exclusiva e o sueldo do ex-popular Mariano Muñiz, a quen lle prometeran dende o PSOE ámbalas duas.

A falta do remate das conversas, parece evidente que a distribución do goberno con respecto ao anterior mandato se manterá nun alto porcentaxe.
Xosé Deira (BNG)
En principio, manterá a dedicación exclusiva. Seguirá sendo o representante do municipio na mancomunidade, que agora mesmo preside.

Dores Torrado Ares (BNG)
Prevese que siga levando Facenda e Deportes, como ocorreu no anterior mandato. Ata agora tiña unha dedicación exclusiva parcial, e o máis probable é que a manteña.

Xosé Pérez Fernández (BNG)
A falta do reparto final, estalle axudando ao alcalde coas tarefas de Medio Ambiente e Turismo, as áreas que asumira o rexedor cando Antón Vidal e Manuel Velo abandonaron o goberno local.

Xoán León Vidal (BNG)
Segue encargándose de Urbanismo. Prevese que siga gozando da dedicación exclusiva.

Francisca Suárez Lijó (BNG)
Aínda non asumiu directamente ningunha competencia, pero tamén está axudando ao rexedor na área de Turismo.

Juan Jesús Ares (PSOE)
Polo momento segue a levar as mesmas carteiras que no anterior: Obras, Vías, Servizos e Parques e Xardíns. Sen embargo, prevese que lle ceda ao seu compañeiro de filas Mariano Muñiz algunha destas competencias. Seguirá gozando da dedicación.

Mariano Muñiz Blanco (Independente)
Aínda segue sen concellarías, pero, tal e como se dixo, asumirá algunha das delegacións de Juan Jesús Ares e, ademais, tamén collerá algunhas das áreas que ata agora levaba Gerardo Piñeiro como é o Ensino.

Natalia Laíño (PSOE)
Segue como no último mandato, a cargo de Servizos Sociais, Consumo e Muller.

Gerardo Piñeiro (PSOE)
Prevese que siga con Ensino, Cultura, Patrimonio e Festexos.
Modificado el ( Saturday, 07 de July de 2007 )
 
Siguiente >
Advertisement