Menú principal
Inicio
Listado
Enlaces
Mapas
Firmas
Contactar
Buscar
Novas externas
Foro
Formulario de acceso





¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí
Sindicación
Últimas novas
Destacamos
Monumentos de area en Barraña Imprimir E-Mail
escrito por Colaboración   
miércoles, 07 de julio de 2004

Medio cento de artistas modelaron a area en Boiro.

Escultura en area

 Barraña deu cabida a unha exposición de impresionantes esculturas, como un Buda ou a torre de Goiáns

A area da praia de Barraña cobrou forma grazas ao esforzo de medio cento de artistas, que converteron o paraxe nun improvisado museo.

Fixérono no marco dun concurso organizado pola Concellería de Turismo co fin de recuperar unha actividade que se celebraba na vila na década dos setenta. A idea do Concello era impulsar daquela tradición e, a tenor do número de participantes e da calidade das obras, parece que o conseguiu. Entre os traballos máis aplaudidos figuraba o buda realizado polos checos Bendra Pachasky e Michael Stray, que se levaron o primeiro premio na categoría de grupo; e o impresionante castelo construído por Junoi Pintos, que gañou no apartado de adultos.

O segundo premio foi para o artista boirense Manuel Silva, Bisgue . Na categoría infantil, os premios foron a parar a mans de Alejandro Tubío, Mauro Dieste, Jorge Dieste e Adrián Sende; mentres que na xuvenil, os gañadores foron Laura Isorna, Alejandra López e Claudia Álvarez.

Pese a non participar no certamen, Aaron Ojeda deleitou aos presentes ao elaborar unha impresionante escultura con motivos mariños.

Modificado el ( miércoles, 09 de agosto de 2006 )
 
< Anterior   Siguiente >
Advertisement