Menú principal
Inicio
Listado
Enlaces
Mapas
Firmas
Contactar
Buscar
Novas externas
Foro
Formulario de acceso





¿Recuperar clave?
¿Quiere registrarse? Regístrese aquí
Sindicación
Últimas novas
Destacamos
Marinos do Barbanza en precario Imprimir E-Mail
escrito por Colaboración   
Wednesday, 07 de July de 2004

SÓ RECIBIRON UN AVISO DA ADQUISICIÓN DE ACCIÓNS POR PARTE DUNHA FIRMA DE CHIPRE 
 Buque de Marpetrol
O persoal de Marpetrol descoñece a venda da empresa ao grupo ruso 
Os representantes sindicais dos traballadores temen que Novoship e Sovcomflot non respecten as condicións laborais dos 300 mariños galegos da firma española.

A compañía Marpetrol vendeu, definitivamente, a flota quimiqueira máis importante de España. Son 12 barcos e máis de 350 empregos, tal e como adiantou A OPINIÓN, e supón unha profunda preocupación para os representantes sindicais dos tripulantes. Temen que a empresa que se fixo cos buques de Marpetrol non respecte as condicións laborais dos mariños españois, na súa maioría galegos.

Logo de NovoshipJon Ázcue, responsable do sector de Mariña Mercante de CCOO, afirma que a única notificación que recibiron respecto diso é un aviso da dirección do Grupo Marpetrol informando que se venderon as accións á entidade Vestoro Holdings Limited, con domicilio social en Chipre. A través desta entidade, as empresas estatais rusas Novoship e Sovcomflot, que teñen en conxunto unha flota de 99 buques e unha capacidade de 9 millóns de toneladas, fanse cos 12 barcos de Marpetrol, dedicados ao transporte de produtos químicos e asfálticos.

A operación pechouse o pasado día 2 de agosto e provoca un cambio no accionariado, con tres novos consellos de administración cuxo conselleiro executivo é Niels Jorgen Iversen, de nacionalidade danesa. Mantéñense os actuais mandos intermedios, pero existe un grave perigo para os case 350 tripulantes españois dos que a maioría son galegos da comarca do Barbanza, aínda que hai un pequeno grupo de mariñeiros filipinos. Jon Ázcue, de CCOO, considera que o que corresponde "é solicitar unha aclaración inmediata de cal é o destino final do Grupo Marpetrol".

Buque de Sovcomflot"Tamén temos que dicir aos novos accionistas que teñen que cumprir as leis, que en España existen leis e que os barcos teñen rexistro español e que, xa que logo, teñen deberes para cos traballadores españois. Nós imos reivindicar que se cumpran os dereitos dos traballadores. ¿Para que imos entender que existe un compromiso por parte desta mescolanza de nomes, de países, de Rusia, de Chipre, de daneses... en defensa do emprego español? Nós cremos que os mariños españois son e aseguran calidade de emprego (algo que se ten moi pouco en conta últimamente). Nós imos garantir a loita na defensa deses postos de traballo tan importantes para os mariños españois e tan importantes, por que non dicilo, para Galicia en concreto", explicou Ázcue.

Os sindicatos que representan aos traballadores afirman descoñecer a causa da existencia de problemas económicos en Marpetrol, o que motivou a venda do grupo, e fan referencia á facilidade desta compañía para depender da petrolera Cepsa, "pero cando esta dependencia se rompe, asegura Jon Ázcue, non saben ser navieiros e esquecen os seus compromisos coa flota e co emprego".
 

Modificado el ( Tuesday, 15 de August de 2006 )
 
< Anterior
Advertisement